Apartado de Correos 95 15780 Santiago de Compostela Galicia
Benvida á Sociedade Galega de Terminoloxía
A Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) nace a finais do ano 2004 pola vontade de profesionais e persoas interesadas no eido da terminoloxía para uniren esforzos na promoción e difusión da terminoloxía en Galicia.
É unha asociación sen ánimo de lucro que desenvolve as súas actividades no ámbito galego e que procura crear vínculos con outras asociacións e institucións semellantes de territorios con vencellos históricos, xeográficos e culturais comúns, nomeadamente os do ámbito lusófono, así como con organizacións estranxeiras e internacionais.
Quere constituír unha plataforma estábel para o intercambio de coñecementos e de informacións sobre actividades terminolóxicas e contribuír ao recoñecemento e á profesionalización das persoas que traballan con ou para a terminoloxía en Galicia.
A SGaT está
aberta á participación de todas aquelas persoas e institucións
interesadas en calquera dos aspectos que atinxen á terminoloxía
e precisa do esforzo de moitas para acadar as arelas que nos unen.