Apartado de Correos 9515780 Santiago de CompostelaGalicia |
|||
|
centro dos vellos, centro dos maiores, fogar da terceira idade, fogar do maior
Ficha elaborada por Xurxo Feijoo 5/2/2005
En galego usar "maiores" no canto de "vellos/as", e menor/maior no canto de máis novo/ máis vello, constitúe, en palabras de Gonzalo Constenla, un barbarismo. Normalmente, a palabra "vello/a" en galego non ten a acepción pexorativa, máis ben o contrario, que si ten en español. "Os/as vellos/as" son, en galego, as persoas entradas en idade cheas de experiencia e sabedoría. Neste sentido, existe en galego e en español unha clara diferenza de ámbito cultural que debería terse en conta á hora de denominar os centros nos que residen estas persoas. Nas linguas do noso contorno temos as seguintes equivalencias: Pt. Lar de terceira idade, Lar para idosos En galego téndese a empregar hoxe o termo "Fogar do maior" e deberíase preferir, cando menos, segundo o mencionado arriba, a expresión "Residencia da terceira idade". Se empregamos o termo "maior" ou "maiores" para designar esta realidade corremos o risco de perder unha das acepcións semánticas que ten a palabra "vello/a" na lingua común
|
||