Apartado de Correos 9515780 Santiago de CompostelaGalicia |
|||
|
pasarrúas, pasacalles, pasacorredoiras, alborada
Ficha elaborada por Elisa González Rosendo 8/7/2005
O termo castelán “pasacalles” está recollido nos dicionarios galegos (GDXL, DRAG, DXL) como un castelanismo aceptado para designar unha ou varias realidades na nosa lingua e déixanse de lado termos coma “pasarrúas” ou “pasacorredoiras” que son habituais entre compositores e xentes do folclore e aparecen documentados no TILG. Á par do debate sobre a aceptación ou adaptación dos castelanismos ábrese outro; facendo unha análise polo miúdo parece que estes termos remiten a realidades diferentes, polo que pode ser que se trate de termos especializados. A maioría das achegas da rolda coinciden na seguinte distinción: 1. Semella que pasacalles na súa orixe é unha forma musical de ritmo ternario e tempo moderado, construída sobre un ostinato que é obxecto de variación que dos séculos XVI a XVIII se adapta como música de danza cortesá das que a maior parte están escritas en compás de 3/4. 2. Pasacorredoiras son tradicionalmente aquelas composicións con compás de 2/4 que interpretaban os grupos nos días de festa para animar as aldeas, vilas etc. Este tipo de composición é abundante e recóllense exemplos en calquera cancioneiro de música tradicional. 3. A palabra pasarrúas designa na actualidade calquera tipo de composición (galega ou non) de compás vivo que empregan as charangas e demais grupos para animar as rúas nos días de festa. 4. Alborada designa a música de pola pola mañá nun día de festa ou máis concretamente composición poética ou musical destinada a ser tocada ao amencer. Este termo estivo moi á marxe do debate e semella que o seu significado está máis delimitado e non entra en conflicto cos demais. Na actualidade o termo pasacalles en castelán parece designar dúas realidades diferentes; por unha banda mantén o sentido orixinario do século XVI e por outra emprégase para se referir a calquera manifestación festiva nas rúas. Desde TERMIGAL advírtesenos que en diversas fontes os termos pasacalles, pasacorredoiras e pasarrúas empréganse practicamente como sinónimos. A opinión máis xeneralizada entre os membros da rolda é manter a designación pasacalles para referirnos ao sentido orinxinario e empregar para as manifestacións festivas da actualidade as palabras pasarrúas ou pasacorredoiras. Nas linguas do contorno temos as seguintes equivalencias: Ca. passacaglia
|
||