Apartado de Correos 9515780 Santiago de CompostelaGalicia |
|||
|
rolda, ronda, circunvalación, vía de circunvalación
Ficha elaborada por Luz Méndez 23/12/2005
A palabra castelá ronda (< ar. rubt) designa, entre outros conceptos, cada un dos paseos ou rúas que en conxunto circundan unha cidade ou a súa parte antiga (DRAE 2001) A esta acepción relativamente moderna chegouse a partir doutra xa recollida por Covarrubias e Nebrija (DRAE 1737): "espazo que hai entre a parte interior do muro e as casas da cidade, vila ou fortaleza". Cen anos despois (DRAE 1837), "tamén se chama así o espazo que rodea os muros pola parte exterior". Ás portas do século XX xa adquire a acepción de "camiño exterior e inmediato ao muro ou tapia de circuíto dunha poboación" (DRAE 1899) e coa acepción actual aparece a partir de 1970 (DRAE 1970 supl.). Nin o galego nin o portugués nin o italiano, que tomaron prestada a palabra do español, recollen nos seus dicionarios esta acepción de ronda. Con todo e para o galego, do debate da lista da SGAT conclúese que, aínda que non figure así nos dicionarios (nin normativos nin paranormativos), rolda estase usando tamén con esa acepción. No Dicionario Visual da Construción, entre os tipos de estrada, está recollida a voz rolda á parte de circunvalación ou vía de circunvalación, esta última para referir a estrada que rodea unha poboación. Noutras linguas: |
||