Sociedade Galega de Terminoloxía
|
|
||
Acta da I Asemblea Xeral(27 de xaneiro de 2005)
Presentes (Xunta Directiva Provisional): Iolanda Galanes Santos (presidenta), Luís Daviña Facal (vicepresidente), Berta Castaño Torrado (secretaria), Anxos Sobriño Pérez (tesoureira), Manuel C. Núñez Singala (vogal 1º), Ana I. Martínez Fernández (vogal 2ª) e Jose Ramom Pichel Campos (vogal 4º). Público asistente: 26 persoas. Ás 17.10 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, ábrese a sesión da 1ª Asemblea Xeral da Sociedade Galega de Terminoloxía. Desculpa asistencia: Jõao José Aveledo (vogal 3º). En primeiro lugar, faise unha presentación da Xunta Directiva Provisional aos asistentes. Con respecto á orde día, que se cita a seguir, 1. Presentación da Sociedade Galega de Terminoloxía A presidenta propón un cambio na orde do debate, de modo que se trate o punto 3 antes ca o punto 2. Ademais, a efectos de escolla da Xunta Directiva e nesta 1ª Asemblea Xeral, considéranse socios/as os presentes que manifesten a súa intención de asociarse á entidade cubrindo a ficha correspondente e co compromiso de formalizar a súa subscrición a efectos económicos. 1. Presentación da Sociedade Galega de Terminoloxía. Manuel Núñez Singala realiza unha breve presentación da iniciativa, os obxectivos e os trámites que levaron á constitución da Sociedade Galega de Terminoloxía. 2. Fixación das cotas de asociación. A Directiva propon unha contía para as cotas de asociación: 25 € para socios individuais e 150 € para socios institucionais. Quedan aprobadas as cotas por unanimidade.
Decídese o procedemento e a data de elección. A maioría dos asistentes prefire que a elección se efectúe o propio 27 de xaneiro de 2005, con 22 votos a favor, 5 abstencións e 6 en contra. Coa finalidade de rexistrar os asistentes recóllense as inscricións de todas as persoas da sala, que manifestan o desexo de asociarse e divídense por sectores, que orientarán a elección de representantes de cada un deles. Procédese á elección. Cada elector deberá riscar o nome de 8 candidatos, sen que haxa máis de tres dun mesmo sector. Tras o reconto, os resultados da votación son os que seguen: - 25 votos: Berta Castaño Torrado (sector 1), Luís Daviña Facal (sector 4), Iolanda Galanes Santos (sector 7) Constitúese a Xunta Directiva, de modo provisional con 9 persoas (de 10 a 25 votos) e decídese a distribución de responsabilidades, e posible lista de agarda, na próxima reunión da Xunta Directiva, co obxecto de dirimir o empate a 10 votos. O procedemento proposto é a consulta cos tres membros empatados por se algún declinase o convite a integrar a directiva. En caso contario, decidirase por azar os postos 7 e 8, ficando o terceiro en lista de agarda. A efectos administrativos mantense a distribución de responsabilidades da Xunta Directiva provisional, actuando como secretaria Berta Castaño Torrado e como presidenta Iolanda Galanes Santos. 4. Propostas de traballo. A actividade prevista para a SGaT céntrase en dous dos obxectivos da asociación: a formación e a difusión da terminoloxía. o Formación de especialistas: o Formación non especialistas: Neste primeiro ano proponse comezar cunha conferencia inaugural da profesora Teresa Cabré antes do verán e un curso para especialistas centrado nos recursos informáticos para o traballo terminolóxico. No que se refire á difusión da terminoloxía proponse traballar na creación dunha páxina web da asociación que se convirta na páxina de referencia da terminoloxía galega. O formato proposto é o dun portal de terminoloxía. 5. Solicitude de subvención. Con respecto á solicitude de subvención, infórmase aos presentes da posibilidade de solicitar unha subvención destinada a asociacións que fomenten o uso da lingua galega (Orde do 13 de decembro de 2004 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega. DOG núm. 249 do 24 de decembro de 2004). Preséntanse os conceptos que figurarán na memoria: gastos de papelaría, creación de páxina web e formación. Con respecto á futura páxina web da Sociedade, Antón Gómez Méixome, propón contratar o mantemento da páxina. A directiva solicítalle a proposta por escrito para estudar en Xunta Directiva. 6. Outros asuntos. Establécese a domiciliación bancaria como único procedemento para satisfacer as cotas de afiliación. Solicítase aos futuros socios e socias que envíen a ficha de domiciliación bancaria. Nun apartado de correos habilitado próximamente e que se comunicará por correo electrónico. 7. Rogos e preguntas. Antón Gómez Méixome subliña a necesidade de que se dea a coñecer como noticia o acontecido, e se difunda a composición definitiva da Xunta Directiva. Rematados os debates, péchase a sesión ás 19.50 horas.
|
|||