|
Socios
Os socios da SGaT pertencen normalmente a algún dos seguintes colectivos:
- Persoal de servizos lingüísticos institucionais ou privados que se dedique á tradución, asesoramento, corrección e redacción de textos.
- Persoal de empresas que prestan servizos de asesoramento, formación, dinamización e xestión lingüística.
- Especialistas e investigadores con interese na terminoloxía galega con formación e dedicación en terminoloxía en calquera área de coñecemento.
- Tradutores e intérpretes profesionais: profesionais da tradución e da interpretación, principalmente especializada, que exercen por conta propia.
- Persoal do sector das novas tecnoloxías: profesionais da informática e da lingüística que traballen na produción de ferramentas informáticas deseñadas para tarefas lingüísticas (correctores, dicionarios, corpus,...).
- Docentes de ensino medio e universidade: profesores de ensino medio que teñan relación ou interese na terminoloxía e profesores universitarios de materias relacionadas coa terminoloxía e afíns.
- Lingüistas dos medios de comunicación: persoal ao servizo de empresas de comunicación públicas ou privadas que realice traballo de asesoramento lingüístico.
- Estudantes de filoloxía, tradución interesados na terminoloxía e nas linguaxes de especialidade, así como estudantes de calquera outra área non lingüística que estean interesados no desenvolvemento do galego como lingua vehicular nas diferentes áreas técnicas e científicas.
Se este é o teu caso e queres asociarte, non dubides en contactar connosco
A SGaT mantén relacións de colaboración con

|